top of page

O Concello de Vila de Cruces dá os primeiros pasos para revivir o observatorio de Zarragrande


Laura Moure/ Vila de Cruces

Nun esforzo por revitalizar e contribuír ao desenvolvemento cultural e científico da zona, o alcalde de Vila de Cruces, Luís Taboada, e José Antonio López deron meses atrás un

paso fundamental cara á reactivación do Observatorio Astronómico de Coto de Zarragrande en Vila de Cruces. Tras o falecemento de López Pérez, o observatorio permanecera inactivo, pero agora estase

traballando dende o goberno de Xuntos para devolverlle o seu antigo esplendor.

En colaboración con José Antonio López, fillo do falecido fundador do observatorio e apaixonado da astronomía, o alcalde Luís Taboada quere convertelo nun espazo de gozo para os residentes locais e visitantes como xa anunciou publicamente meses atrás. Este esforzo alíñase coa visión do alcalde de fomentar a cultura e o turismo en Vila de Cruces.


Aínda que o observatorio atópase nun estado considerable de deterioración, o rexedor e o seu equipo comezaron os traballos de acondicionamento nos arredores, preparando o terreo para a súa eventual restauración. Con todo, recoñécese que queda moito camiño por andar para lograr que o observatorio recupere o seu esplendor orixinal.


Publicidade

O mandatario porase en contacto cos veciños lindeiros para informar os residentes locais sobre a importancia de manter unha franxa de 50 metros ao redor, seguindo as pautas establecidas pola Xunta de Galicia en resposta á preocupación polos incendios forestais. Recoméndase aos residentes que deben controlar as plantacións nesta área para asegurar o seu cumprimento coas normativas, xa que isto axudará a previr incendios e manter a seguridade da comunidade.

"Este é un emocionante paso adiante na revitalización de Vila de Cruces como un destino cultural e turístico e reflicte o compromiso ontinuo do alcalde Taboada e o seu equipo para mellorar a calidade de vida dos residentes locais e promover o ñdesenvolvemento sostible da rexión", sinala o Concello.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page