top of page

Corte temporal da DP 8001 en Sobrado polas obras da nova ponte sobre o río Mandeo

Afecta ao tramo das obras, no punto quilométrico 3+100, e manterase previsiblemente ata finais de outubro

Laura Moure/Sobrado

A Deputación da Coruña informa de que desde a pasada fin de semana permanece cortada ao tráfico a estrada DP 8001, de Cruces a Penablanca, no tramo das obras de construción da nova ponte sobre o río Mandeo, no punto quilométrico 3+100, no termo municipal de Sobrado.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

O corte é necesario para proceder á demolición da ponte actual e executar a nova estrutura prevista no proxecto, polo que se manterá previsiblemente durante un prazo estimado de catro meses, ata finais de outubro de 2026. A Deputación sinalizou xa o itinerario alternativo para garantir unha axeitada mobilidade na zona mentres duren os traballos.


A actuación, adxudicada por 1.271.178,80 euros, permitirá mellorar de maneira importante este tramo da DP 8001 mediante a substitución da actual estrutura de paso, cunha calzada estreita, por unha nova ponte de vigas prefabricadas sobre estribos de formigón armado.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A nova infraestrutura contará cunha sección adaptada aos criterios das estradas provinciais, con dous carrís de 3,50 metros, beiravías e bermas de 0,50 metros, ademais dunha beirarrúa de 1,80 metros de ancho sobre a ponte para mellorar tamén a seguridade peonil.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Con esta obra, a Deputación dá continuidade ás actuacións de ancheamento e mellora da seguridade viaria xa executadas no resto deste vial, co obxectivo de ofrecer unha estrada máis segura, cómoda e adaptada ás necesidades de circulación da zona.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page