top of page

Mónica González Conde será a número 2 da candidatura de Manuel Cuiña

A actual concelleira de Cultura, Turismo e Deporte concorre por segunda vez ás municipais de Silleda polo PSOE


Laura Moure/Silleda

O actual alcalde de Silleda e candidato socialista á Alcaldía deste municipio, Manuel Cuiña, vén de presentar hoxe á persoa que concorrerá na súa candidatura como número 2  para as eleccións municipais do 28-M. Ocupará o posto Mónica González Conde, que se estrenou  xa na lista dos anteriores comicios.


Mónica González, de 45 anos de idade, é licenciada en Ciencias da Información, na rama de Xornalismo pola USC. Logo de traballar en varios medios de comunicación, no ano 2011 incorporouse como personal de confianza ao equipo da Alcaldía, primeiro con Paula Fernández e logo con Cuíña, exercendo entre outros como responsable do gabinete de comunicación do Concello de Silleda.

Nacida en 1977 na  parroquia de Lamela, á que continúa moi vinculada, ten dúas fillas, e reside dende hai case 11 anos na localidade silledense de Oleiros.


Así mesmo, dende o pasado ano forma tamén parte da executiva dos socialistas de Silleda, como responsable de Política Municipal, e da executiva nacional, dende a secretaría para o Reto Demográfico. González Conde é a actual primeira tenente de alcalde e responsable das concellerías de Cultura, Turismo e Deporte.


“É toda unha honra acompañar de novo ao noso candidato nestas eleccións”, indica González, que asume “este novo reto ca mesma ilusión que hai catro anos e novamente con moita responsabilidade, toda a que supón traballar pola veciñanza xunto co resto de compañeiros e compañeiras”, engade.


A número 2 da candidatura resume o seu paso pola política nestes 4 anos como un “enorme proceso de aprendizaxe a carón de persoas como Cuiña, unha persoa cunha gran capacidade de traballo e avalado por unha xestión municipal que segue transformando Silleda”.


Os socialistas de Silleda aprobaron xa en asamblea a candidatura para os comicios de maio, un equipo con caras novas e outras xa veteranas, e que se irá dando a coñecer nos vindeiros días. Manuel Cuiña, que se presentou á reeleción como Alcalde de Silleda o pasado día 5,  despois de dúas maiorías absolutas consecutivas, afirma “que voltamos contar cun equipo de persoas preparadas e con capacidade para seguir a estela de crecemento, investimentos e mellora nos servizos acadados nos últimos anos polo grupo socialista”.


“A candidatura está xa pechada, con novas incorporacións que se irán coñecendo nos vindeiros días e tamén coa veteranía de compañeiros e compañeiras que xa teñen experiencia na xestión municipal”, recalca o actual mandatario.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page