top of page

Rouban un camión en Toques que deixan desvalixado na A6

Hai uns días leváronse un coche e intentárono con outro nesta localidade


Laura Moure/Toques

Alertan de roubos de vehículos en Toques. O pasado 15 de maio informabamos dun roubo dun coche estacionado en fronte ao tanatorio. Agora sabemos que tamén roubaron nesta localidade un camión.

"Veciños de Toques e arredores, andade con ollo que hai unha banda que se está dedicando a roubar coches e camións en Toques. Primeiro foi o coche dun veciño aquí diante do tanatorio e a noite pasada roubáronme a min un camion do almacén", alertou onte o afectado a través das súas redes sociais.

"Usáronno para transportar cousas e deixáronmo tirado na A6 en plena autovía tirado e todo desvalixado", lamenta.


Como diciamos tamén roubaron un coche, un Volkswagen Golf nesta localidade, que non temos constancia de que aparecera aínda. Ademais, esa mesma noite intentaran roubar outro neste mesmo lugar, neste caso un Seat Ibiza.


Noticia do coche roubado no enlace:


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page