top of page

Amigos da Empanada de Silleda aproba un desconto nas dúas primeiras mesas para os socios

A asociación inicia unha campaña para sumar novas persoas asociadas, que disporán dun carné co cal gozarán de múltiples beneficios

Laura Moure/Silleda

A Asociación Amigos da Empanada de Silleda inicia unha campaña para sumar novas persoas socias, que disporán dun carné a través do que gozarán de múltiples beneficios.

 

A Xunta Directiva da Asociación Amigos da Empanada aprobou por unanimidade a redución do prezo das dúas primeiras mesas para as persoas asociadas, que será no ano 2023 de 20 euros cada unha, mentres que a partir da terceira mesa o prezo manterase nos 25 euros para os socios e socias da entidade.

Unha das asembleas celebradas en setembro.

Porén, para as persoas alleas á asociación, o prezo por mesa continuará sendo de 35 euros. A cota anual será de 25 euros ao ano e ademais do desconto nas mesas da Festa da Empanada, os socios e socias recibirán un carné personalizado a través do cal terán acceso a descontos no merchandising e produtos da asociación, disporán dun aparcamento gratuíto e exclusivo na Empanada, gozarán de zonas reservadas nos eventos así como dunha redución da entrada naqueles que sexan de pago.


Ademais do dereito a voto nas asembleas de Amigos da Empanada, aquelas persoas que decidan asociarse recibirán agasallos, serán informadas con antelación de todas as novidades e poderán asistir a eventos exclusivos de socios entre outras vantaxes.


Na actualidade, Amigos da Empanada conta con 135 socios e socias, “que permiten manter a asociación con vida e desenvolver todas as actividades de dinamización cultural da vila da Bandeira” apunta Andrés Seoane, presidente da organización. O obxectivo é alcanzar a cifra dos 200 antes do inicio do verán, xa que “cantas máis persoas se sumen á familia da Empanada, máis forza teremos para alcanzar os nosos fins e poñer A Bandeira no centro do mapa”.


Ademais, aqueles mozos e mozas que teñan entre 14 e 18 anos poderán tamén converterse en socios/as xuvenís mediante o pago dunha cota de cinco euros anuais. Agás o dereito á voto nas asembleas e o desconto nas mesas, estas persoas asociadas gozarán do resto de beneficios e poderán participar como persoas voluntarias en todas as actividades e eventos, axudando na súa organización. O obxectivo non é outro que aumentar a implicación e participación das novas xeracións no tecido asociativo do pobo.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

As persoas que desexen converterse en socias, deberán poñerse en contacto coa asociación a través das súas redes sociais (Festa da Empanada), do correo electrónico empanadabandeira@gmail.com ou no número de teléfono oficial (621 08 71 17).


 
 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page