O campamento de verán do Servizo Lúdico de Silleda volta con récord histórico de participación
Este ano amplíase unha hora máis o servizo, asumindo o custe integramente o Concello
Laura Moure/Silleda
O campamento de verán do Servizo Lúdico Educativo do Concello de Silleda arranca hoxe con récord histórico de participación. Ata o vindeiro mes de setembro, e tendo en conta todas as quendas de mañá e de tarde, serán centos as prazas as que se cubran, facilitando a conciliación familiar.

Como vén sendo habitual, o servizo prestarase nas vilas de Silleda e da Bandeira, tendo as actividades os seus centros de referencia nos dous colexios públicos do municipio.
En total hai rexistradas 145 peticións, todas elas admitidas para participar no campamento de verán, con actividades diversas para os nenos e nenas participantes, de 3 a 12 anos de idade. Na localidade de Bandeira só hai solicitudes para os meses de xullo e agosto, superando as cifras de participación doutros anos.
Así mesmo, dende o departamento municipal de Educación lémbrase que este ano se amplia o horario do servizo nunha hora, para facilitar a recollida das crianzas á entrada e saída polas mañás por parte das familias. Así polas mañás poderase entrar ás 8:30 e saír ás 14:30 horas Unha ampliación horaria que asume na súa totalidade o Concello de Silleda sen repercutir nas taxas das persoas usuarias. Polas tardes o horario será de 16:00 a 20:00 horas.









Comentarios