top of page

Un condutor atropela a un home no Pino e abandona o lugar do accidente

Ecos da Comarca/O Pino

O 112 Galicia informa que onte, mércores, tivo lugar un atropelo no municipio do Pino. A vítima necesitou asistencia médica e foi trasladada ao centro hospitalario de referencia.


O suceso ocorreu ás 18:30 horas. "O condutor implicado no accidente, a persoa que manexaba un tractor, continuou a marcha logo de alcanzar a un home que quedou tendido na vía", sinala o 112.

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

Para ofrecer axuda ao ferido, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, quen trasladaron o home en vehículo especializado ao Hospital Clínico de Santiago.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Ademais, un equipo da Garda Civil de Tráfico acudiu ao lugar dos feitos, no lugar de San Migueliño, para recoller toda información sobre este sinistro co condutor implicado ausente.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page