top of page

Silleda arranxará a pista de Balántiga ata o cemiterio de Escuadro a través do Plan Marco

O investimento previsto no tramo, que da continuidade ao xa executado en 2021, supera os 115.000 euros


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda continúa ca tramitación de proxectos para a mellora viaria do municipio. Así, vén de presentarse ao Plan de Mellora de Camiños Rurais 2023-2024, tamén coñecido como Plan Marco, a reforma integral do vial de Balántiga, na parroquia de Escuadro.  

Trátase da pista que vai dende o lugar de Balántiga ata o cemiterio parroquial, unindo esta localidade ca EP-6515. A mellora do tramo, de case un kilómetro de lonxitude, vén a completar a actuación realizada a través deste mesmo plan da pista anterior, dende a estrada Nacional a Balántiga, con obras executadas en 2021.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

É un viario que acusa un notable deterioro e que se atopa nunha zona onde se concentran varias explotacións agrogandeiras. Mellorarase toda a capa de rodadura desta pista, entre outras actuacións.


O proxecto estima un orzamento base de licitación para o arranxo deste vial, de 115.532,01 euros. Nos dous últimos anos a través deste programa da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) executouse a mellora dos viais de Balántiga e Cumbraos (en Escuadro), o de O Castro-Negreiros e Portapiñeiro, na parroquia de Piñeiro.  

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page