top of page

Convocan unha manifestación para o día 21 para que se garanta o servizo da barcaza de Portodemouros

A mobilización está promovida polo BNG de Vila de Cruces e o BNG de Santiso, xunto coa Asociación de Afectadas e Afectados polo Encoro de Portodemouros


Laura Moure/Xeral

O BNG de Vila de Cruces e o BNG de Santiso, xunto coa Asociación de Afectadas e Afectados polo Encoro de Portodemouros, convocan unha manifestación o domingo 21 de decembro, ás 11:00 horas, nas ramplas de acceso á barca, a ambos lados do encoro de Portodemouros, Loño (Vila de Cruces) e Beigondo (Santiso). A mobilización enmárcase nunha loita veciñal de 63 anos para garantir un servizo de paso fundamental que conecta as provincias da Coruña e Pontevedra, e que resulta clave para a vida diaria da veciñanza dos concellos rurais da contorna. Recalca que "a falta deste servizo obriga a realizar longos desprazamentos por estrada, dificultando a mobilidade, o acceso aos servizos e o desenvolvemento económico e social do rural".

ree

Desde o BNG denuncian "o desleixo da Xunta gobernada polo Partido Popular, que trata este servizo vital como un “prestación accesoria”," tal e como lle respondían á deputada do BNG, Ariadna Fernández, na comisión segunda o pasado xoves, "dentro dunha concesión que só xera beneficios para a empresa concesionaria, mentres ignora as necesidades reais da veciñanza afectada". “Esta é a política do PP: privatización, abandono do rural e desprezo polos seus medios de vida”, sinalan Manuel Adán (alcalde de Santiso) e Alex Fiúza (voceiro do BNG de Vila de Cruces).

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O Bloque lembra ademais que a construción dunha ponte en Portodemouros permitiría reforzar a conexión entre as provincias de Lugo e Pontevedra, favorecendo unha maior mobilidade entre concellos rurais e contribuíndo á cohesión territorial.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O BNG fai un chamamento á participación da veciñanza para defender un dereito básico como é a mobilidade e para esixir solucións reais e duradeiras. Así mesmo, anima aos alcaldes de Vila de Cruces, Agolada e Melide, xunto con Xoán Xesús Carril Alcalde de Arzúa, a participar nesta concentración, por considerar fundamental que os gobernos municipais afectados se impliquen activamente nesta reclamación colectiva.

ree


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page