top of page

Controlado o incendio en Palas de Rei que xa afecta a 22 hectáreas

13 jul 2022
1 min de lectura

Houbo ata seis focos polo que todo apunta que foi intencionado


Ecos da Comarca/Palas de Rei

Foto de Arquivo

O lume iniciado ás 21:06 horas de onte no concello de Palas de Rei, parroquia de Cuíña, xa está controlado desde as 2:21 horas desta madrugada, tal e como informa Consellería de Medio Rural. Cabe mencionar que Protección Civil do municipio tamén traballa no lugar e falou da parroquia de Orosa, nos montes do Careón.


O incendio comezou en tres focos, o que todo indica a que foi intencionado, como sinala Medio Rural, e chegou a haber ata seis focos, como apunta Protección Civil.


Preme na imaxe se quere contactar connosco!

Segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 22 hectáreas. No seu control participan 1 técnico, 5 axentes, 12 brigadas, 7 motobombas, 2 pas e 1 helicóptero, ademais dos efectivos de Protección Civil.

 

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.


Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.


NOTICIA RELACIONADA:

Tres focos activos nun incendio forestal na parroquia palense de Orosa






 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page