Tres focos activos nun incendio forestal na parroquia palense de Orosa
- ecosdacomarca

- 12 jul 2022
- 1 Min. de lectura
Está preto dunha granxa de polos
Ecos da Comarca/Palas de Rei

A esta hora (22:50 horas) está activo un incendio forestal que se pode ver dende distintos puntos das comarcas, como por exemplo dende Melide ou dende zonas do municipio de Santiso e Agolada.
En concreto, o lume afecta á parroquia palense de Orosa, tal e como informa Protección Civil do municipio que se atopa no lugar. Informan que xa se detectaron tres focos e hai preto unha granxa de polos.







Comentarios