Ecos da Comarca/Silleda
O presidente de Contigo Silleda, Julio Ramos, califica de “desastre patrimonial” os traballos de asfaltado que se están realizando no acceso ao lugar de Cumbraos na parroquia de Escuadro. Ramos recrimina ao Goberno Local de Silleda, que siga “ ninguneando” aos veciños, e “ raspando” diñeiro das partidas orzamentarias para o rural, para destinar a revalorizar bens de titularidade privada (como o aparcadoiro de Progreso e o campo de golf, entre outras actuacións considerables).
O 22 de marzo do 2021 Contigo Silleda, presenta un paquete de medidas para mellorar a calidade, seguridade e durabilidade dos traballos en pistas e camiños municipais. "O Executivo considera necesarias nosas propostas, o que nos fai saber que se irán incluíndo segundo os criterios técnicos. Pero seguen “malgastando diñeiro”, sen ter en conta o beneficio que achegaría aos lugareños", indican. “Só miran o interese político” apostila Ramos.
Considera que "a realidade é moi diferente ao que nos din, co sistema de raspado de beiravías e apertura de cunetas, nalgunhas zonas quedase un chanzo de máis de 20 centímetros nos bordos do firme. (Non se están realizando os saneos, drenaxes e recrecidos con materiais seleccionados e compactos adecuados para reforzar as zonas brandas e con filtracións superficiais, se esta regularizando a plataforma de firme encima da terra vexetal e tajeas e entradas a leiras que incumpren a normativa vixente".
Ramos demanda, que se inclúan as propostas presentadas segundo o criterio e as necesidades que esixen as zonas afectadas, "dado que os criterios técnicos en ocasións non se axustan á realidade das obras, e puntúa que nesta zona unha vez rematada a capa de rodadura quedase un chanzo lateral de máis de 40 centímetros. Que van facer respecto ao criterio que poidan presentar as circunstancias? As obras seguen quedando unhas chapuzas en toda regra”, recalca Ramos.
Comments