Ecos da Comarca/Silleda
O presidente de CONTIGO Silleda, Julio Ramos, delata que o Centro Médico de Silleda segue sen recibir as correspondentes tarefas de mantemento que precisa. "Nas instalacións pódense ver panos de tea taponando a auga para evitar filtracións ao interior, como cubos recollendo a auga das filtracións. A “varanda metálica de seguridade” da rampla de acceso á planta baixa do inmoble, ten algunha balea rota e solta calquera usuario que acuda ao centro, pode chegar a cravarse nun pé”. Así mesmo, indica que "as cuantiosas filtracións de auga ao interior do inmoble pola baixa calidade das obras que desde a inauguración do centro levan producindo, seguen sen arranxarse. Cando chove chegan a formarse charcas de auga no interior".
Ramos presentou ante o Servizo Galego de Saúde Publica o 5 de xullo de 2021 queixas e irregularidades que viñan producindo no centro, tanto deficiencias nos servizos sanitarios, como de mantemento. O 18 de agosto de 2021 o Sergas, tal e como indica el, contéstalle agradecendo as súas achegas para aumentar e mellorar a calidade da asistencia. “Non queremos que nos feliciten, queremos melloras XA para a sanidade pública”.
E lamenta que "foi peor o remedio, que a enfermidade. A desorde no centro foi a peor, vacacións sen cubrir, baixas sen cubrir, dúas horas (con sorte) de espera para ser atendido. Os sanitarios están cada día tan sobrecargados de pacientes, que, chegado un punto, chegan a desubicarse no seu propio traballo, un desastre en toda regra; hai pacientes que se van por desesperación, impotencia e mesmo pánico”.
Contigo Silleda insta tanto ao Goberno Local como á administración titular para "que comecen a traballar para mellorar a sanidade pública, o sistema sanitario esta “afundido”, necesita un compromiso político e económico considerable. Os cidadáns estamos cansados de pagar as incompetencias dos nosos Gobernantes”.
Comments