top of page

A Deputación investirá preto de 80.000 euros en Silleda para reformar o local social de Saídres

Laura Moure/Silleda

O deputado provincial Jorge Cubela visitou este xoves Silleda, onde anunciou que a Deputación se encargará de financiar integramente as obras de reforma e acondicionamento do local social de Saídres. A Xunta de Goberno aprobou este venres unha achega de preto de 80.000 euros para impulsar esta actuación con recursos procedentes da liña 1 do Plan +Provincia. Nesta actualidade, o plan destina á vila un total de 899.000 € e, no caso concreto da liña 1 de investimentos, 629.000 euros.

O deputado deu conta dos traballos que levará a cabo Silleda con estes fondos provinciais que permitirán reformar e acondicionar o local social de Saídres, unha edificación de 1921 moi empregada pola veciñanza, para garantir a súa accesibilidade, salubridade e confort sen perder o seu carácter tradicional. Crearase un novo acceso mediante rampla, abrirase un novo oco na fachada con carpintaría adaptada, reformarase e redistribuirase internamente para crear un novo vestíbulo e un acceso accesible, mellorarase a conexión coa cociña, renovarase o equipamento interior, a instalación eléctrica e a iluminación, realizarase a drenaxe e impermeabilización da fachada oeste para evitar humidades e prepararanse as infraestruturas para posibles ampliacións futuras.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ademais, o proxecto inclúe unha actuación de urbanización do seu espazo exterior, que inclúe o derrube da edificación anexa datada de 1963 que se atopa en estado ruinoso. Ademais, executarase un muro de contención e pavimento en formigón para conseguir que o conxunto se integre coa contorna e sexa accesible. O obxectivo do proxecto global é revitalizar o espazo comunitario de Saídres para mellorar a calidade de vida da veciñanza e potenciar a súa utilización como un punto de encontro social.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Jorge Cubela puxo en valor que o Plan +Provincia “define perfectamente o municipalismo deste goberno: escoitamos os concellos, que poden escoller con liberdade o destino dos recursos, e así permitimos que teñan cubertas todas as súas necesidades”. O deputado provincial incidiu en que con esta iniciativa a Deputación de Pontevedra ten como obxectivo “transformar e modernizar unha provincia como a de Pontevedra, extraordinaria e con moito potencial, mellorando a calidade de vida da cidadanía e impulsando o seu avance para que vaia a máis”.

Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page