top of page

Concerto de Pablo Díaz para celebrar o Día do Libro en Silleda

19 abr 2022
1 min de lectura

A cita, dirixida ao público familiar será este sábado 23 ás 12:30 horas na praza de Juan Salgueiro de Silleda


Laura Moure/Silleda

O cantautor Pablo Díaz actuará o vindeiro sábado día 23 en Silleda con motivo da celebración do Día do Libro. A cita, de balde, será na praza Juan Salgueiro de Silleda ás 12:30 horas, ca presentación do libro disco Coas miñas mans. Pablo Díaz leva xa publicados catro traballos discográficos adicados ao público infantil. Nesta ocasión, o espectáculo está centrado no movemento das mans como estratexia comunicativa.

O concerto, para público infantil, programado dende o Concello de Silleda, está especialmente recomendado para nenos e nenas de máis de tres anos. O prestixioso músico coruñés debutou no ano 2009 con TIC TAC, que acadou un notable éxito en toda Galicia, e polo que recibiu diversos recoñecementos. O seu segundo traballo, TOC TOC, editado en 2013, leva x amáis de 4.000 libros discos vendidos. Antes de Coas miñas mans tamén publicou Xente miúda, moita fartura e Tic, tac, Toc, públicado por Galaxia en 2016.


O concerto de Silleda animará tamén a xornada na praza, onde se celebrará ese mesmo día un mercadiño solidario de libros en favor da Asociación Española contra o cancro.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page