top of page

Concentración masiva o día 11 en apoio ao melidense Carlos Varela pola custodia das súas fillas

Será diante do Xulgado de Arzúa e na actualidade xa recolleu unhas 400 sinaturas


Laura Moure/Melide

O melidense Juan Carlos Varela Varela continúa coa súa loita pola custodia das súas dúas fillas. Ademais da concentración ante o xulgado de Arzúa e da recollida de sinaturas, agora levará a cabo unha nova acción. "Quero comunicar a decisión de emprender unha nova iniciativa de protesta pública e pacífica diante do Xulgado nº1 de Arzúa, concurrindo nesta ocasión a dita concentración máis de 20 persoas, entre veciños dos concellos de Arzúa, Melide e arredores, tamén membros da Asociación Galega de Pais e Nais Separados, familiares meus e das miñas fillas. Permaneceremos no exterior do edificio do xulgado, situado no nº 45 da Rúa Lugo, dende as 8:30 horas o día 11 de xullo de 2022 ata ás 14:30 horas dese mesmo día, momento que daremos por finalizada esta protesta".

Lembra que "fai hoxe 15 días que acudo a diario diante do Xulgado de Arzúa cunha pancarta, acompañado de familiares e diferentes persoas máis, para facer pública a inxustiza que se está a comenter coa miña familia e en especial coas miñas fillas, non obtendo ningún tipo de resposta nin explicación por parte da titular do Xulgado de Arzúa. Síntome tamén, obrigado de tomar esta decisión, polas innumerables mostras de apoio de diferentes perosas, mostrándome o seu interese en participar na protesta, reflexándase isto nas preto de 400 sinaturas recollidas en menos dunha semana, na zona de Arzúa, Melide e arredores".


Así mesmo, o melidense recalca que "os motivos desta nova concentración son os mencionados na anterior comunicación do día 13 de xuño, sumándose a estes novas circunstancias que menciono. Ademais de termos unha Sentenza de Custodia Compartida sen executarse dende o 23 de decembro do 2021, agora súmase o feito de que unha vez rematado o periodo escolar, onde as miñas fillas alomenos podían verme os mércores alternos á saída do colexio durante tres horas, atopámonos agora onde nada se especificou no referente as vacacións de verán, nin a Xuez Dña Lorena Quintairos Loureiro, contestou á aclaración solicitada polo meu avogado fai xa máis de 10 días, producíndose unha clara Denegación de Xustiza".

Ademais insiste no "grave dano que se está provocando tanto no desenvolvemento afectivo das nenas, como no vínculo paterno filial e co resto da familia é xa ostensible. Agora o meu deber como pai é intentar evitar, que dito dano, se convirta en irreparable. É tan aberrante o acontecido, que pasei de levar 9 anos de moi boa relación coas miñas fillas e véndonos habitualmente, compartindo tarefas do colexio, xogos, vacacións, etc(cumprindo coas

miñas obrigas e dereitos como pai), a atoparnos agora nunha situación de desamparo por parte da xustiza, onde neste momento non podo ver nada as miñas fillas nen tampouco comunicarme con elas por teléfono, sendo estas sometidas a presións inxustificables, escudándose a nai nas menores para seguir incumprindo reiteradamente unha sentenza dende fai máis de medio ano, non tendo este Xulgado a determinación necesaria para facer cumprila. Polo tanto, véxome na obriga de tomar esta medida anteriormente exposta, coa fin de protexer as miñas fillas e que se lle dea urxentemente solución por parte do Xulgado, e se este último non é capaz ou non sabe, solicitareille amparo o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para resolver esta delicada situación da familia, expecialmente das menores que son as auténticas vítimas desta situación, prolongándose xa este proceso 5 anos, dende o seu comezo no 2017".


NOTICIA RELACIONADA:

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page