Laura Moure/Melide
A Asociación Galega de Pais e Nais Separados inicia unha campaña de Recollida de Sinaturas "rexeitando a situación de desamparo que están a vivir as fillas do melidense Juan Carlos Varela Varela, a del como pai, avós e demais familia paterna".
En decembro do ano pasado, ditouse no Xulgado de Arzúa sentenza dándolle ás menores aos proxenitores a Custodia Compartida, logo de tela solicitado o pai no ano 2017. Ata o día de hoxe e pasados xa seis meses, o Xulgado non soubo ou non tivo a determinación necesaria para facer cumprir dita sentenza. Unicamente se estableceu unha convivencia co pai de seis horas ao mes, cando anteriormente convivían fins de semanas alternos, tardes intersemanais e vacacións por metades.
A fiscalía e o IMELGA teñen solicitado ao xulgado o cumprimento urxente da sentenza de custodia compartida. "Por este motivo, solicitamos a túa sinatura, para que a Xustiza resolva a execución da sentenza e solucione a delicada situación desta familia, que se prolonga dende fai cinco anos, sobre todo das menores, que son as auténticas vítimas do que está a pasar".
NOTICIA RELACIONADA:
Comments