Concellos das comarcas viaxan a Cantabria para promocionar o Camiño Francés
- Laura Moure

- hace 1 hora
- 2 min de lectura
Laura Moure/Xeral
A presidenta de Cantabria acompañada do consejero de Cultura, Turismo e Deporte e a Directora da Fundación Camiño Lebaniego, recibiu nas dependencias da sede do goberno de Cantabria, en Santander, a Begoña Balado, presidenta da Mancomunidade de
Concellos Galegos do Camiño Francés e concelleira de Turismo de Arzúa, e ós representantes dos outros dez concellos que integran a Mancomunidade, nun acto que representa a excelente relación e cooperación entre ambas vía históricas de peregrinación, o Camiño Francés e o Camiño Lebaniego. Cabe mencionar que forman parte da mancomunidade do Camiño Francés os municipios de Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso, Palas de Rei, Melide, Arzúa e O Pino.

Este acto, enmárcase dentro dos distintos encontros que a Mancomunidade mantivo ó longo do percorrido do municipios polos que pasa o Camiño Lebaniego, dende San Vicente de la Barquera, quilómetro cero deste Camiño, ata o Mosteiro de Santo Toribio, no cal se depositou unha ofrenda en agradecemento a todos os peregrinos que non rematan o Camiño en Santo Toribio, senón que continúan ata Santiago de Compostela.
PUBLICIDADE
Para promocionar que todos aqueles peregrinos que queiran continuar ata Santiago, o fagan a través do Camiño Francés, os representantes da Mancomunidade desprazáronse ata Fuente Dé, en pleno corazón dos Picos de Europa, histórica pasarela que une o final do Camiño Lebaniego (Santo Toribio) co Camiño Francés (en Mansilla de las Mulas).
PUBLICIDADE
“O Camiño Francés e o Camiño Lebaniego son unhas das rutas de peregrinación máis importantes en España, polo que seguiremos consolidando a relación entre ambas, aprendendo uns dos outros e dende a Mancomunidade, promovendo que todo o que chegue a Santo Toribio, escolla o Camiño Francés para peregrinar a Santiago”, apunta Begoña Balado.








Comentarios