top of page

Completada a primeira fase da mudanza ao novo consistorio de Silleda

Laura Moure/Silleda

Este luns pola mañá comezou a mudanza á nova Casa Consistorial de Silleda. Nesta primeira fase, as dependencias que se trasladaron foron as que estaban nos edificios de rúa Trasdeza (Rexistro Xeral, Padrón, Alcaldía, Secretaría, Intervención e as concellerías).

Tamén se trasladaron xa as dependencias municipais que ata agora estaban situadas na rúa Alfonso Trabazo: Urbanismo, Policía Local, AEDL, Punto de Información Catastral e Servizo Municipal de Augas).


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Todos estos servizos estarán xa abertos ao público dende hoxe no novo Consistorio, na céntrica rúa do Progreso, tamén con acceso dende a rúa Morón, onde se centralizarán todos os servizos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Nos próximos días, tense previsto que se inicie unha segunda fase desta mudanza, na que se inclúen as dependencias de Servizos sociais e o Xulgado de Paz. Mentres tanto, seguirán operativas e traballando dende os seus lugares habituais.


“Con este traslado mellorará a atención ao público”, indica o alcalde, Manuel Cuiña, que hoxe supervisou o traslado das dependencias ao novo edificio.


コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page