Figuran a de San Xurxo de Augas Santas en Palas de Rei, na Igrexa de Santo Estevo de ViIlamor, en Toques e na Igrexa de San Xoán do Sixto, en Dozón (na VÃa da Prata)
Laura Moure/Xeral
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, visitou a Igrexa de San Lorenzo de Bruma, en MesÃa, unha das máis de 30 Igrexas do Camiño de Santiago que teñen instaladas as rexas e iluminación que facilitan a visita e o seu coñecemento por parte dos peregrinos e galegos ao abeiro dunha colaboración entre a Xunta e os Arcepispados de Lugo e de Santiago.
Publicidade
En concreto, dispúxose de reixas mediante a apertura de ocos nas portas de entrada das igrexas, o que permite contemplar o seu interior aÃnda que o templo estea pechado e se instalou un dispositivo de iluminación para que os usuarios o preman e poidan ver o interior.
AsÃ, ademais de na Igrexa de MesÃa, os peregrinos e veciños xa poden ver o interior, aÃnda que estean, pechadas de 11 Igrexas do Camiño Inglés: a Capela de Santa Ana, en Fene; a Igrexa de San Martiño de Porto e a de Santo André, ambas en Cabanas; a Igrexa das Virtudes, en Pontedeume; a Igrexa de Santiago de Sigrás, en Cambre; a de San Pantaleón das Viñas, en Paderne; a Capela de San Roque en As Travesas, en Carral; a de Santaia de Leiro, e e a de Santa MarÃa de Presedo, ambas en Abegondo e a de Santo André de Barciela en Santiago de Compostela.
Publicidade
No Camiño Primitivo facilitáse a visita e coñecemento do seu patrimonio na Igrexa de Santiago da Fontaneira e na de Santa MarÃa en A Fonsagrada, a de San Lázaro da Ponte, San Miguel de BacurÃn e en Lugo; a de San Román da Retirta en GuntÃn, a de San Xurxo de Augas Santas en Palas de Rei, na Igrexa de Santo Estevo de ViIlamor, en Toques e na de Santa MarÃa de Vilabade, en Castroverde.
No Camiño Francés, na de Santa MarÃa de Montán en Samos, na de Santa MarÃa de Ferreiroas en Paradela; na de Triacastela e na de San Nicolás de PortomarÃn.
Publicidade
Tamén se actuou na Igrexa de San Xoán do Sixto, en Dozón (na VÃa da Prata) e, no que se refire ao Camiño de Inverno, na Igrexa de San Miguel de Montefurado, de San Salvador do Hospital, de Santa MarÃa de Vilaster e de Bendilló, todas en Quiroga; a Igrexa de Santa Mariña de Barxa do Lor en A Pobra do Brollón, na Igrexa de San Salvador de Vilasate e de San Lourenzo do Fión en O Saviñao e San Pedro de LÃncora en Chantada.