Como facer o teu currículum para traballar noutro país
- Saioa Sánchez Montoto

- 8 mar 2023
- 2 Min. de lectura
Saioa Sánchez Montoto/Xeral

🧳 Cando buscas traballo noutro país, un problema común é como expresar no currículum o nivel da nosa titulación para que isto resulte comprensible no país no que buscamos traballo. 🆘 É dicir, se eu puxese no currículum que estudei “Administración”, non quedaría claro se falo dun ciclo medio, superior, dun grado, ou dun máster. ⛔ O meu perfil profesional tampouco quedaría claro, e ante a dúbida, é posibel que non me contactasen para a entrevista.
⬇️ Imos ver como podes solucionar isto:
🇮🇪 ☘️ Se o país de destino é Irlanda:
Se o país de acollida vai ser Irlanda, podes utilizar a seguinte ligazón para encontrar a equivalencia irlandesa coas titulacións españolas:
(Exemplo: en Irlanda un ciclo superior sería equivalente a un nivel 6 do marco nacional irlandés)
🇪🇺 ✈️ Se o país de destino é outro país da UE:
Se a nación na que pensas instalarte é algunha outra da UE, podes recurrir ao Marco Europeo de Cualificacións (de agora en diante, o MEC).
Nese caso, para saber en que nivel do MEC se encontra a túa titulación, podes seguir estes 2 pasos: primeiro utiliza a ligazón para descubrir o equivalente en Irlanda. Despois na ligazón que che deixo aquí abaixo dirache o equivalente no MEC.
Se o país de acollida se encontra entre os países que xa introduciron os datos dos diferentes niveis das súas titulacións, poderás atopar a equivalencia exacta.
Se polo contrario o país de acollida se encontrase entre os países que aínda non introduciron os datos das súas cualificacións, poderás poñer o equivalente da túa titulación co MEC.
(Exemplo: en Malta un ciclo superior sería equivalente a un nivel 5 do marco nacional)
🇬🇧 💂 Se o país elixido é o Reino Unido:
Se o país de acollida fose o Reino Unido, primeiro terías que descubrir o equivalente da túa titulación en Irlanda ou na UE e despois poderías usar a ligazón de abaixo para descubrir o seu equivalente no Reino Unido.
(Exemplo: en Inglaterra un ciclo superior sería equivalente a un nivel 4 o 5 do marco nacional)
👀 ¡Ollo! Tamén tes que ter en conta que no Reino Unido hai diferentes marcos educativos en Escocia, Gales, Inglaterra e Irlanda do Norte, polo que debes seleccionar o equivalente para a zona na que pensas instalarte.
NOTICIAS RELACIONADAS:
Nove consellos para a búsqueda de emprego: https://www.ecosdacomarca.com/post/estes-son-os-9-consellos-para-a-b%C3%BAsqueda-de-emprego
Tres consellos para facer un currículum que chegue á entrevista: https://www.ecosdacomarca.com/post/tres-consellos-para-facer-un-curr%C3%ADculum-que-chegue-%C3%A1-entrevista
Como evitar que un robot descarte o teu currículum: https://www.ecosdacomarca.com/post/como-evitar-que-un-robot-descarte-o-teu-curr%C3%ADculum







Comentarios