top of page

Estes son os 9 consellos para a búsqueda de emprego

Saioa Sánchez Montoto/Xeral

Como sabedes unha das nosas seccións recolle distintas ofertas de emprego, co obxectivo de contribuír con todos aqueles que estades buscando traballo ou que desexades cambiar de empresa. Sabemos que sodes moitos os que revisades esta sección a miúdo, por iso queremos ir máis alá e ofrecervos artigos relacionados coa búsqueda de emprego. Para iso contamos coa colaboración de Saioa Sánchez Montoto, onde liñas máis abaixo explícanos quen é ela.

Así que hoxe arrancamos este espazo onde Saioa Sánchez dá unha serie de consellos para atopar traballo.



Artigo de Saioa Sánchez Montonto:


9 CONSELLOS PARA A BÚSQUEDA DE EMPREGO


1. Inviste tempo redactando un curriculum que sexa atractivo ao ollo e que te defina ben.

2. Dedica tempo suficiente á búsqueda de emprego.

3. É mellor buscar emprego pola tarde. A esas horas as empresas xa publicaron a maioría das ofertas dese día e ti serás un dos primeiros en inscribirte.

4. Algunhas ofertas de emprego deixan de aceptar solicitudes moi pronto. Durante a semana busca emprego a diario.

5. Tómate un descanso. Recursos Humanos (RRHH) xeralmente non publica ofertas as fins desemana. Podes descansar os domingos.

6. Investiga e estuda. Usa o teu tempo para ser un mellor profesional.

7. Filtra sempre a búsqueda de emprego cas “últimas 24 horas” para evitar a repetición.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

8. Se estás buscando emprego en máis dunha área, necesitas facer un curriculum para cada unha delas.

9. Se a empresa a que vas mandar o teu curriculum usa ATS, tes que enviar un curriuculum compatible con ATS (Sistema de xestión do proceso de selección).


Saioa Sánchez Montoto preséntase da seguinte maneira:

Chámome Saioa. A mediados do 2022 mudeime á comarca do Deza dende Santander bucando unha mellor calidade de vida. Aquí está a aldea onde meus pais medraron e estou rodeada de natureza.

Teño unha bagaxe multidisciplinar que me permitiu utilizar e desenvolver as miñas habilidades comunicativas ao longo dos anos. Podo falar catro idiomas: inglés e castelán a nivel C2, e galego e euskera a nivel B2. Teño experiencia en tradución, ensinaza de inglés e atención ao cliente. Como ves, todos eles son campos onde a comunicación é clave.

Traballei tanto en empresas pequenas, como en multinacionais, e durante sete anos vivín en Irlanda.

Hai uns anos realicei estudos de marketing dixital e teño coñecementos de SEO, redacción de contidos e redacción publicitaria e encantaríame poder traballar nese campo tamén. Sempre me interesou a orientación laboral e ao longo dos anos fixen moitos curriculums para os meus amigos e moitos deles atoparon traballo con eles. A través diso, aprendín algunhas cousas que vou compartir cos lectores de Ecos da Comarca.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page