Laura Moure/Silleda
Este martes comezou en Silleda o programa Ardora, coa sesión matinal “Prevención das condutas aditivas na infancia e na adolescencia”, realizada na Casa da Xuventude. O proxecto “Máis que un teito”, dentro do programa Ardora, consta doutras dúas charlas, que se imparten co obxectivo de previr condutas aditivas entre a poboación infantil e adolescente. Estas formacións están destinadas a familias con fillos/as en idade escolar.
Realizaranse na Casa da Xuventude en dúas convocatorias de asistencia: de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas.
Publicidade
Na seguinte sesión, o martes 14 de novembro, trataranse os “Estilos comunicativos” (conceptos básicos, estilos comunicativos adaptados ao desenvolvemento educativo das crianzas e estratexias para unha comunicación saudable).
Publicidade
Xa por último, o martes 5 de decembro o tema central será a “Resolución de conflitos” (conceptos básicos e estratexias para afrontar os cambios no ciclo vital familiar).
Publicidade
Lémbrase que para asistir a estas charlas, que son de balde, é preciso inscribirse previamente no teléfono 986 592 037 ou presencialmente no Centro Social de Silleda.
Comentários