top of page

Comezan as obras de renovación da cuberta do centro de saúde da Bandeira

A actuación, adxudicada á empresa Sotega Noroeste, permitirá solucionar as filtracións e mellorar o illamento e a eficiencia enerxética do edificio


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de iniciar as obras de renovación integral da cuberta do Centro de Saúde da Bandeira, unha actuación coa que se resolverán os problemas de deterioración, humidades e filtracións que presenta actualmente o inmoble. A alcaldesa, Paula Fernández, e a concelleira de Sanidade, Ángela Troitiño, visitaron o inicio dos traballos acompañadas polos responsables da empresa adxudicataria, Sotega Noroeste, e pola arquitecta e directora da obra, Marlene Pérez.

A intervención, cun investimento de 100.000 euros, foi adxudicada á empresa Sotega Noroeste.As obras fináncianse con cargo aos fondos que lle corresponden ao Concello de Silleda no Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra e ca aportación da Consellería de Sanidade, en virtude do convenio de colaboración co Concello de Silleda, que se fai cargo do mantemento e limpeza destas instalacións.


O edificio, construído a mediados da década de 1990, presentaba un importante deteriorp tanto nos materiais da cuberta como nos sistemas de recollida de augas pluviais. O proxecto técnico sinala a existencia de roturas e deformacións provocadas polo paso do tempo e a exposición continuada ás condicións meteorolóxicas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A actuación inclúe a retirada da actual cuberta de tella e das placas de fibrocemento, que serán xestionadas conforme á normativa aplicable, e a instalación dun novo sistema de panel sándwich illante de aceiro prelacado. Tamén se renovará o canalón exterior da fachada sur e executarase un novo canalón oculto e impermeabilizado na fachada norte, co obxectivo de garantir unha correcta evacuación das augas pluviais.


A nova solución mellorará a estanquidade do edificio, reforzará o seu illamento e contribuirá a aumentar a eficiencia enerxética do equipamento sanitario. A intervención afecta a unha superficie de cuberta duns 538 metros cadrados e non modifica a estrutura portante do inmoble, que se atopa en bo estado.


Paula Fernández destacou que “se trata dunha actuación moi necesaria nun servizo esencial para a veciñanza da Bandeira e de toda a súa contorna, xa que permitirá solucionar de maneira definitiva as filtracións e humidades que viña sufrindo o edificio”.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A alcaldesa engadiu que “a renovación da cuberta non só garante unha mellor conservación do centro, senón que tamén mellorará as condicións de confort para as persoas usuarias e para o persoal sanitario que desenvolve aquí o seu traballo”. Fernández agradeceu tamén a colaboración institucional que fixo posible a intervención. “Dende o Concello seguimos destinando recursos á mellora dos equipamentos públicos e, neste caso, a cooperación coa Deputación de Pontevedra e coa Consellería de Sanidade permítenos acometer unha obra importante para o noso municipio”, sinalou.


Durante a execución dos traballos adoptaranse medidas específicas de seguridade, sinalización e separación das zonas de obra para reducir ao máximo as interferencias co funcionamento habitual do centro e garantir a seguridade das persoas usuarias e do persoal sanitario.

 
 
 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page