Comezan as obras de mellora viaria na parroquia silledense de Dornelas
- Laura Moure

- hace 6 días
- 2 Min. de lectura
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda vén de iniciar as obras de mellora viaria nos lugares de Bascuas, O Portiño, Dornelas e Rosedo, na parroquia de Dornelas, cun investimento de máis de 210.000 euros. Os traballos deron comezo esta semana coa limpeza de cunetas e actuacións previas de preparación do terreo, e enmárcanse dentro do plan de melloras iarias incluído no crédito extraordinario de 1,75 millóns de euros aprobado polo Concello, que contempla actuacións en dez parroquias do municipio.

A alcaldesa e responsable de Obras, Paula Fernández Pena, e a tenenta de alcaldesa, Mónica González , visitaron hoxe as zonas nas que se están a realizar os traballos, acompañadas polo director e autor do proxecto, así como por representantes da empresa adxudicataria, Taboada y Ramos S.L.
As actuacións teñen como obxectivo mellorar os accesos aos núcleos habitados, ás explotacións gandeiras e ás parcelas agrícolas e forestais do entorno, incrementando a seguridade e a comodidade na circulación.
Publicidade
Os traballos inclúen a limpeza de cunetas, rega asfáltica de adherencia e pavimentación con formigón bituminoso en quente, seguindo os criterios técnicos de eficiencia e durabilidade.
A alcaldesa, Paula Fernández Pena, destacou que con estas obras “seguimos avanzando na mellora da rede viaria municipal, dando resposta ás demandas da veciñanza e mellorando os accesos en zonas rurais que precisaban unha intervención integral”.
Publicidade
No marco deste plan, xa se executaron actuacións en Toxa e Toiriz (Silleda), Costela (Margaride), Rellas, todo o núcleo de Xestoso, Abades, Piñeiro e Chapa. Tamén se executarán nas parroquias de Ponte e Cira.
Con este proxecto, o Concello de Silleda continúa a súa programación de investimentos sostidos na mellora da rede viaria, reforzando o compromiso coa seguridade e coa calidade de vida no rural.








Comentarios