Comezan as obras das sendas da Casela na Bandeira a través do Plan de Sustentabilida de Turística
- Laura Moure

- hace 11 minutos
- 2 Min. de lectura
Silleda convoca este sábado 14 de marzo unha concentración pola paz cunha acción simbólica en lembranza da infancia asasinada en Gaza
Laura Moure/Silleda
As obras para a dotación de sendas no lugar da Casela, na vila da Bandeira, están xa en marcha. Esta actuación, que mellorará a accesibilidade e tamén a seguridade tanto da veciñanza como dos peregrinos, realizase a través do Plan de Sustentabilidade Turística no Destino Deza-Tabeirós/Montes, cun investimento de case 200.000 euros.

A Deputación de Pontevedra redactou o proxecto de mellora que inclue a adecuación dun tramo coa creación dunha senda peonil, reposición de luminarias, mellora da recollida de pluviais e sinalización nun ámbito de 150 m que vai dende o km 310,000 da estrada N-525 ata os 0,150 km da EP-6511.
A intervención está baseada no desenvolvemento de actuacións para mellorar a transitabilidade das rutas xacobeas, aumentando así a seguridade dos peregrinos. O proxecto financiado con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia tamén terá un impacto positivo para as persoas residentes neste barrio ao contar un espazo humanizado y que cunha mellora substancial no acceso ás súas vivendas.
Dende o Concello de Silleda, que xestionou ca veciñanza as cesións necesarias para a dotación das sendas, ampliando o trazado, agradécese a colaboración das persoas propietarias neste proxecto.
Publicidade
Por outra banda, o Concello de Silleda anima á veciñanza a participar este sábado 14 de marzo na concentración pola paz que terá lugar na Praza da Igrexa, no marco da convocatoria estatal promovida pola plataforma Parar a Guerra. A mobilización en Silleda contará ademais cunha acción simbólica organizada polo IES Pintor Colmeiro, na que participarán tamén outros centros educativos do municipio e da comarca. Ao longo de toda a mañá iranse colocando na pérgola da praza moitos dos nomes dos 20.000 nenos e nenas asasinados en Gaza dende o inicio do xenocidio, en outubro de 2023, nun xesto de memoria, denuncia e defensa dos dereitos humanos.
A iniciativa quere visibilizar o impacto insoportable da guerra sobre a poboación civil e, de maneira moi especial, sobre a infancia. Cada un dos nomes colocados representa unha vida truncada, unha familia rota e un futuro roubado, convertendo este espazo público nun lugar de lembranza, conciencia e compromiso colectivo coa paz.
PUBLICIDADE
O acto central celebrarase ás 13:00 horas, coa lectura dun manifesto pola paz, aberto á participación de toda a cidadanía. Con este chamamento público, Silleda quere volver erguer a voz fronte á barbarie, reclamar o fin da violencia e defender o respecto ao dereito internacional, aos dereitos humanos e á dignidade de todas as persoas.
Dende o Concello faise un chamamento á participación da veciñanza nesta convocatoria, nun momento no que resulta máis necesario ca nunca expresar, tamén dende o ámbito local, unha posición clara e firme a favor da paz, da xustiza e da defensa da vida.








Comentarios