top of page

Comezan a retirarse os medios de extinción mobilizados polo incendio no complexo hoteleiro en Palas

Ecos da Comarca/Palas de Rei

Os equipos de extinción desprazados para atallar o lume declarado no complexo hoteleiro La Cabaña, en Palas de Rei, comezan a retirarse do lugar, ao mellorar as condicións do incendio, tal e como informou este mediodía o 112 Galicia.

Deste xeito, volveron xa ás súas bases os membros do Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias, que acudiron ao lugar cun camión cisterna cargado con vinte e cinco mil litros de auga para abastecer ao resto de medios de extinción, xunto co equipo desprazado dos Bombeiros de Arzúa, que tamén regresou ao parque.

Polo tanto, continúan coa súa intervención os Bombeiros de Chantada, os efectivos do GES de Monterroso e unha motobomba enviada pola Central de Incendios de Lugo. Segundo a información recollida no 112 Galicia, arestora quedan cascallos e brasas nos lugares afectados polo lume. Concretamente, ardeu unha parte das instalacións que corresponde á cociña e o comedor. Ademais, produciuse o colapso dunha destas zonas e caeu unha parte próxima ao aparcadoiro. Afortunadamente, ningunha persoa resultou ferida.


Cómpre sinalar que o 112 Galicia recibiu a alerta deste incendio ao fío das cinco e media da pasada madrugada, a través dos axentes da Garda Civil.


NOTICIA RELACIONADA:

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page