top of page

Comeza o Servizo Lúdico Educativo do Concello de Silleda

Dende hoxe atenderase a 45 menores de Infantil e Primaria en horario extraescolar


Laura Moure/Silleda

Dende hoxe, mércores día 11 e coincidindo co inicio do curso escolar, volta unha nova edición do Servizo Lúdico Educativo do Concello de Silleda, cun total de 45 plazas cubertas. Este servizo de conciliación familiar e laboral, co que se atende ao alumnado de

Infantil e Primaria fóra do horario lectivo, exténdese dende as 15:00 ata as 21:00 horas, nas dependencias do CEIP Plurilingüe de Silleda.

ree

Este servizo vén a continuar o ofertado no verán con campamentos nas instalacións dos centros educativos de Silleda e da Bandeira que este ano acadaron récord de participación, beneficiándose máis dun centenar de familias do municipio.


Publicidade

ree
Preme na imaxe para obter máis información.

Prórroga do servizo

Por outra banda, a Xunta de Goberno Local vén de acordar unha segunda prórroga, por un ano máis, á empresa concesionaria deste servizo, Coesco SLU



Publicidade

ree
Preme na imaxe para obter máis información.

O servizo lúdico educativo lévase a cabo durante todos os meses do ano, con campamentos tamén durante as vacacións de verán, Nadal e Semana Santa, facilitando a conciliación das familias do municipio.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page