top of page

Comeza a formación práctica do programa Deza Circular na área fluvial de Cira

24 sept 2022
1 min de lectura

Laura Moure/Silleda

O programa Deza Circular, impulsado polo Concello de Silleda e que conta co apoio do veciño Concello de Vila de Cruces, iniciou este venres a formación práctica na área fluvial da parroquia silledense de Cira. Ademais de tarefas de limpeza e desbroce tamén se procederá á reposición de barandas de madeira danadas, entre outros traballos. O alumnado, baixo a dirección do personal docente, encargarase nas vindeiras xornadas da rexeneración deste espazo natural, incluido na rede Natura 2000.

Este programa, que botou a andar o pasado día 12 cunha vintena de alumnos e alumnas, ten como obxetivo capacitar e orientar a persoas desempregadas en servizos de aproveitamento forestal innovadores, así como accións destinadas a crear oportunidades no ámbito da economía forestal circular e o turismo sostible dos espazos naturais do municipio de Silleda.


Deza Circular foi un dos 66 seleccionados de toda España na liña de axudas de Emprega Verde, da Fundación Biodiversidade.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O ciclo, con sesións presenciais e tamén on-line continuará nesta fase ata o mes de novembro realizándose sesións prácticas en espazos naturais do municipio. O programa, totalmente de balde para o alumnado participante, conta cun orzamento de 78.336 euros e está financiado polo programa Emplea Verde, de Fundación Biodiversidade, co apoio do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page