top of page

Comeza a colocación da decoración de Nadal en Silleda

Ademais de detalles nas farolas, tamén se empezaron a poñer arcos e nos vindeiros días procederase á decoración das prazas e á instalación de árbores en todas as parroquias


Laura Moure/Silleda

Xa comezou en Silleda a colocación dos adornos de Nadal nas rúas e espazos públicos. Operarios municipais están a colocar nas farolas detalles como estrelas, bonecos de neve, bastóns de Nadal e outros elementos, e tamén se empezaron a colocar os arcos realizados no Centro de Recursos que Cogami ten en Medelo.

No caso dos arcos, están confeccionados con perchas, platos e goma eva, entre outros materiais, con formas de estrelas, árbores e anxos.


Na vindeira semana está prevista a decoración das prazas de Silleda e da Bandeira, así como a colocación de luces solares nalgunhas árbores. No rural colocaránse tamén árbores feitos en madeira, co nome de cada unha das localidades, en lugares céntricos como centros sociais ou preto das igrexas parroquiais.


Por outra banda, este mércores remata o prazo para anotarse no certame de decoración #SilledaFaiNadal, que repartirá máis de 3.000 euros en premios na categoría individual e colectiva, consistentes en vales de compra para gastar no comercio e hostalería do municipio.

As creacións deben ser visibles dende o exterior, tanto en balcóns, fachadas como espazos públicos e valorarase o uso de materiais de refugallo nas creacións que se presenten.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page