Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Comenzan as obras de seguridade viaria na zona do cemiterio e o parque das Pedrosas de Silleda

A Deputación inviste máis de 252.000 euros nesta esperada actuación de infraestruturas, que inclúe a construción dunha rotonda e unha senda peonil


Laura Moure/Silleda

A Deputación de Pontevedra vén de comezar as obras de mellora da seguridade viaria na EP-7201 Cachafeiro-Silleda, unha demanda histórica da veciñanza da vila de Deza na que a institución provincial inviste máis de 252.000 euros. Coincidindo co inicio dos traballos, a zona da actuación –enmarcada no modelo de mobilidade segura e sostible da Deputación e que ten un prazo de execución de cinco meses– foi visitada este mércores polo deputado de Infraestruturas, Gregorio Agís, acompañado do alcalde de Silleda, Manuel Cuíña.

A principal actuación desta obra, á que a propia presidenta Carmela Silva se comprometeu coa veciñanza o día da inauguración da urbanización da contorna do Centro de Saúde e o Cuartel da Garda Civil financiada co Plan Provincial DepoRemse, será a construción dunha nova rotonda na contorna do cemiterio municipal e do Parque das Pedrosas de Silleda, co obxectivo de regular o tráfico dunha forma segura nesta zona. Con ela, non só se regula a circulación para facilitar que o tráfico poida dar a volta, senón que consegue dar seguridade ás persoas que se achegan ao cemiterio e ao parque.

A Deputación creará ao seu arredor unha senda para separar o tráfico peonil do rodado. Deste xeito, crearase na vía provincial un espazo seguro e amplo, con beirarrúas de 2,5 metros de ancho, para a comodidade dos peóns e tamén para adaptarse ás normas de accesibilidade vixentes. Con esta intervención e a dotación de pasos peonís elevados, xa executados nunha actuación anterior, permitirá a eliminación da pasarela metálica pola que teñen que circular na actualidade as persoas para cruzar a vía.

A través destes traballos, a Deputación de Pontevedra tamén acometerá a instalación de elementos de calmado de tráfico, a renovación da iluminación e do sistema de recollida de augas pluviais, a pavimentación da vía, a reinstalación dos elementos de sinalización tanto verticais como horizontais para adaptalos ás novas características da vía e a posta en marcha de elementos redutores de velocidade. Trátase dunha obra incluída no plan de mellora da mobilidade e seguridade viaria nas estradas provinciais da Deputación de Pontevedra.

149 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE