top of page

Cogami Silleda saca os obradoiros á rúa na Semana Europea da Artesanía e convida á participación

Persoas profesionais e usuarias deste centro silledense estarán toda esta semana en horario de mañá na Sala ABANCA de A Estrada


Laura Moure/Silleda

Durante a Semana da Artesanía, o centro que COGAMI ten en Medelo (Silleda) saca os obradoiros artesanais á rúa e convida ás veciñas e veciños a que tamén participen na elaboración de pezas artesanais a través do traballo de materiais como o coiro, o vimbio, o barro e os tecidos.

Dende onte, luns, e ata o venres 31 de marzo, persoas usuarias e profesionais de Medelo estarán nas instalacións da Sala ABanca da Estrada en horario de 10 a 14 horas, elaborando cuncas e vasos de barro, bordados e alfombras de trapos, cestos de vimbio e artigos de coiro.

As persoas interesadas en participar nestas actividades compartindo unha xornada de traballo xunto as persoas usuarias do centro, poden reservar praza chamando ao teléfono 986 581 387. A actividade é gratuíta e ten unha duración de hora e media, aproximadamente.

O obxectivo destes obradoiros é poñer en valor o produto artesán feito a man e fomentar e divulgar os oficios artesanais visibilizando as capacidades das persoas con discapacidade, ademais de reivindicar a igualdade de oportunidades.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page