Cobras: imos morrer todos
- IsmaelRS

- 28 may
- 3 min de lectura
IsmaelRS/Xeral
Hoxe imos falar dun tema que a moitos lles pon os pelos de punta, pero que é fundamental para entender o futuro da nosa natureza. Seguro que algunha vez escoitastes ou vistes a alguén que, ao atopar unha culebra no camiño, preto da casa ou na horta, o primeiro que fixo foi coller un pau ou unha pedra para matala de inmediato. O motivo case sempre é o mesmo: ese medo irracional e a idea de que todos estes animais son perigosos ou venenosos. Pero a realidade é que a gran maioría das veces estamos cometendo un erro terrible por culpa do descoñecemento e de mitos que foron pasando de xeración en xeración sen moito fundamento científico.

Moitas persoas matan estas criaturas pensando que son unha ameaza mortal para a súa familia ou os seus animais, cando na práctica, case todas as cobras que habitan os nosos montes son totalmente inofensivas para o ser humano. En Galicia temos a sorte de contar cunha fauna moi rica, pero tamén a responsabilidade de protexela. Por iso hoxe imos dar unhas pautas moi claras para evitar que sigamos matando por medo. O primeiro que debemos entender é que estes animais non teñen ningún interese en atacarnos. Elas non buscan o conflito e a súa primeira reacción ante a presenza humana sempre vai ser fuxir e agocharse. O perigo real só aparece cando intentamos collelas ou cando as acurralamos, porque nese momento senten que a súa vida corre perigo.
Para evitar estas situacións, o máis importante é a observación e a calma. Se te atopas cunha culebra, simplemente detente e déixalle espazo. Unha das claves para perder o medo é aprender a diferencialas. As víboras, que son as únicas que teñen un veleno que pode ser preocupante para nós, son moito menos comúns do que pensamos. Teñen un corpo máis groso e curto, a cabeza cunha forma máis triangular e as pupilas verticais, moi parecidas ás dun gato. Pola contra, as culebras comúns adoitan ser moito máis longas, teñen a cabeza arredondada e as pupilas circulares. Pero a regra de ouro que todos debemos gravar na mente é moi sinxela: se non es un experto, non as toques e deixa que sigan o seu camiño.
PUBLICIDADE
Debemos reflexionar sobre o feito de que o descoñecemento é o noso peor inimigo á hora de conservar o medio ambiente. Estes animais cumpren unha función vital no noso ecosistema como as mellores controladoras de pragas naturais que existen. Comen ratos, toupas e moitos insectos que poderían causar estragos nas colleitas ou transmitir enfermidades se a súa poboación medrase sen control. Sen elas, o equilibrio da natureza galega romperíase. Protexer o futuro de Galicia tamén significa cambiar a nosa relación coa fauna que nos rodea, pasando do medo ao respecto.
PUBLICIDADE
Se somos capaces de educar aos máis novos e de informarnos correctamente, estaremos construíndo un país moito máis consciente e saudable. Non se trata de que as cobras che gusten ou que queiras tela cerca, trátase de entender que teñen o mesmo dereito que nós a habitar esta terra. Cambiar esa reacción instintiva de atacar por unha de observación respectuosa é un paso xigante para a nosa cultura. Espero que estes consellos vos axuden a mirar a nosa natureza con outros ollos e a salvar algunha vida a próxima vez que vaiades de paseo polo monte.








Comentarios