top of page

Clausura do festival Xacobeo Clarinet Fest, que reuniu en Lalín a recoñecidos clarinetistas

24 jul 2022
1 min de lectura

Laura Moure/Deza

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á clausura da terceira edición do festival Xacobeo Clarinet Fest, que reuniu na capital de Deza a recoñecidos clarinetistas de diferentes nacionalidades e prestixiosos directores de orquestra e pianistas.

O representante de Cultura da Xunta salientou a capacidade desta iniciativa para ser quen de mellorar en cada edición e contribuír a “divulgar ao gran público o importante papel da música instrumental na cultura e facelo, ademais, desde Lalín, que conta cunha destacada tradición musical”.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O Xacobeo Clarinet Fest 2022, que impulsa o Concello de Lalín co apoio da Xunta, incluíu unha vintena de concertos, exposicións, conferencias e clases maxistrais desde o 15 de xullo ata o 23 de xullo. A xornada final pechou na praza de Igrexa, onde participaron tanto os alumnos como os profesores. Estivo dirixido por José Franch Ballester, director artístico do Ensemble MiXt.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page