top of page

Cinco persoas feridas nunha saída de vía no concello de Arzúa

Ecos da Comarca/Arzúa

Onte, sábado pola noite, produciuse un accidente de tráfico no municipio de Arzúa. O 112 Galicia foi alertado ás 20:44 horas. No sinistro viuse implicado un único vehículo e saldouse con cinco persoas feridas.

O coche saíuse da vía en Ponte Lema. Autor: Bombeiros de Arzúa.
O coche saíuse da vía en Ponte Lema. Autor: Bombeiros de Arzúa.

Tal e como informan os Bombeiros do Parque Provincial de Arzúa tratouse dunha saída de vía pola marxe dereita dirección á localidade de Arzúa.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Ocorreu na estrada DP-7901 en Ponte Lema. "Cinco persoas resultaron feridas, tres leves e dúas tiveron que ser trasladadas. Non fixo falta excarceradas, pero si tivemos que rescatalas", informan os Bombeiros.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Ademais dos bombeiros, ata o lugar desprazáronse dúas ambulancias e a Garda Civil de Tráfico.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page