Ecos da Comarca/Melide
Esta mañá rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Melide. O 112 Galicia foi alertado ás 8:58 horas. Tal e como informa o 112 Galicia saldouse con cinco feridos e houbo tres vehículos implicados.

Sinala que se tratou dunha colisión por alcance entre dous turismos e unha furgoneta e os servizos sanitarios trasladaron a catro adultos e un menor.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos a través dun alertador particular, minutos antes das 9 horas: tres vehículos acababan de colidir por alcance no quilómetro 53 da N-547, na parroquia melidense de Vitiriz.
De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e dos Voluntarios de Protección Civil de Melide, así coma dos servizos de mantemento da estrada.
Finalmente, cinco persoas tiveron que ser evacuadas a un centro hospitalario.
Comments