top of page
Foto del escritorLaura Moure

Cinco concellos das comarcas estrean alcalde

Son Arzúa, Touro, Rodeiro, Antas de Ulla e Monterroso


Laura Moure/Xeral

O pasado 28 de maio celebráronse os comicios municipais. A cidadanía a través das urnas elixiu un cambio de goberno e noutros casos, os votos tamén propiciaron pactos que levou a mudar ao mandatario. Nalgúns casos houbo que agardar ao pasado sábado para coñecer no pleno de investidura quen se facía finalmente co bastón. Así das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa son seis os novos rexedores que dirixirán cinco Concellos ao longo do vindeiro mandato.

Na Comarca de Arzúa dos catro concellos que a forman, houbo cambio en dous: Arzúa e Touro.


ARZÚA:

En Arzúa o nacionalista Xoán Xesús Carril fíxose co mando, gracias ao apoio no pleno de investidura de Alternativa por Arzúa e do PSOE, xa que a forza máis votada nas eleccións foi o PP. Xoán Xesús Carril, tal e como recolle a Wikipedia, foi elixido concelleiro de Arzúa polo Partido Socialista Galego-Esquerda Galega nos comicios municipais de 1987. Logo pasou a formar parte do BNG e foi elixido responsable de finanzas do partido en Arzúa en 1999. Tempo despois, nas eleccións de 2007 e 2011 saíu edil e foi concelleiro de Deportes. Como en 2023, foi o líder en 2019 do Bloque nos comicios municipais, saíndo desta volta, alcalde.


Mentres no Concello de Touro, despois de décadas gobernando o PP, este perdeu a maioría absoluta o que propiciou un histórico cambio de goberno. Tras celebrarse o pleno de investidura, os dous primeiros anos da lexislatura será alcalde Roberto Castro, do Movemento Veciñal, ocupando este cargo, os dous últimos, Jesús Martínez, do Partido Galego e exconcelleiro popular.


TOURO:

Roberto Castro é Enxeñeiro Técnico Forestal pola Universidade de Santiago (1996). Tal e como recolle a Wikipedia nas elecións de 2015 foi candidato do BNG e saíu elixido concelleiro. En 2019 liderou a candidatura da Marea Veciñal de Touro logrando tres concelleiros. Agora no 2023 encabezou o Movemento Veciñal de Touro saíndo rexedor cos votos a favor do Partido Galego e do BNG.

Despois do pleno de investidura, o Movemento Veciñal confirmou que nos últimos dous anos cedería a Alcaldía a Jesús Martínez para así conseguir o seu apoio e lograr un cambio de goberno, aínda que siguen as negociacións para celebrar o pleno de organización. Cabe mencionar que Martínez Pereira foi concelleiro do Partido Popular nos últimos anos.

Na comarca de Deza, só en un dos seis concellos, houbo un cambio de Alcaldía. Falamos de Rodeiro. O socialista José Luis Camiñas, co apoio de Unidade por Rodeiro, conseguiu arrebatarlle o mando ao PP, que o 28M perdeu a maioría absoluta.


RODEIRO

José Luis Camiñas foi presidente da cooperativa gandeira O Rodo ata 2022. Militante do PSOE saíu concelleiro de Rodeiro nos comicios de 2007, tal e como recolle a Wikipedia. Foi edil de Urbanismo durante a Alcaldía de Manuel Salgado de Independentes de Rodeiro. Repetiu como concelleiro en 2011 e agora no 2023 encabezou a lista socialista conseguindo o bastón de mando.


Por último, na comarca da Ulloa houbo cambio en dous dos tres municipios. Falamos de Antas de Ulla e Monterroso.

ANTAS DE ULLA

No concello de Antas de Ulla a socialista Pilar García logrou sacarlle o poder ao PP despois de décadas e fíxoo con maioría absoluta, conseguindo cinco concelleiros, fronte os catro da fila popular.


Pilar García (tal e como publica a Wikipedia) encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Antas de Ulla nos comicios de 2007, sendo elixida concelleira da oposición. Despois foi deputada provincial e deputada de Promoción do Territorio e portavoz provincial socialista. Agora volveu para liderar a lista socialista no seu municipio e gañou o 28M.


MONTERROSO

O 28 M deu resultados dispares nas urnas de Monterroso tras presentarse ás eleccións un total de cinco candidaturas. Finalmente, gañou a Alcaldía o popular Eloy Pérez. Á hora de votar no pleno de investidura, as cinco formacións políticas, fixérono por cada un dos seus candidatos, saíndo elixido Pérez, que logrou os tres votos do seu partido, pero que conseguiu o bastón por ser a forza máis votada nos comicios. Cabe mencionar que Pérez foi o tenente de alcalde, dende a bancada popular, do pasado mandato liderado por Rocío Seijas, de Independentes por Monterroso.


0 comentarios

留言


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page