Ecos da Comarca/Touro
Este venres rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Touro no que se viron implicados dous vehículos. Como consecuencia, unha persou quedou ferida.

Foi un particular o que avisou do sinistro ao 112 Galicia ás 23:47 horas. Tal e como informa o 112 no accidente víronse implicados un coche e un tractor e ocorreu no lugar de Sartes, na parroquia de Calvos de Socamiño.
O condutor do coche, que estivo consciente en todo momento, tivo que ser trasladado a un centro médico como indica o 112. Ademais de Urxencias Sanitarias, tamén se avisou aos Bombeiros de Arzúa e a Protección Civil de Touro.
Comments