top of page

Chega unha nova edición de Arzúa Viva con actividades para toda a familia

22 jul
1 min de lectura

O domingo 26 de xullo realizaranse xogos, actividades de lecer e actuacións dirixidas a público infantil e mozo

 

Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa dá a coñecer o programa de actividades para unha nova edición de Arzúa Viva, incluída na programación cultural de verán.

A Carballeira de Santa María, ubicada detrás do Pavillón polideportivo de O Cruceiro, acollerá este domingo, 26 de xullo, a 19ª edición con actividades de lecer e actuacións para público infantil e para a mocidade.


De 17:00 a 21:00 horas haberá instalados diversos inchables, obradoiros, xogos tradicionais de madeira e contarase con outras actividades recreativas como un fotomatón e un touro mecánico.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Ademais, a partir das seis da tarde terá lugar un espectáculo de monicreques. E como remate, a presente edición de Arzúa Viva pecharase cunha Festa da Escuma. A asistencia a todas as actividades é totalmente de balde e o acceso libre.

 PUBLICIDADE

Contacta con nós!
Contacta con nós!

O concelleiro de cultura, José Luís García, anima “a todas as familias a participar nesta xornada pensada para o disfrute de todas e de todos con actividades que buscan o entretemento e pasalo ben, mais tamén a convivencia entre veciñas e veciños nun ambiente festivo e de lecer”.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page