top of page

Chega “Arzúa Camiña”, un novo ciclo de andainas para descubrir o municipio paso a paso

Desenvolverase entre setembro e outubro e permitirá coñecer a paisaxe, a historia e o patrimonio natural do concello a través de sete rutas guiadas e gratuítas


Laura Moure/Arzúa

A Concellería de Turismo do Concello de Arzúa pon en marcha a segunda edición do programa Arzúa Camiña, unha iniciativa consolidada dentro da estratexia #DestinoVerde, que convida á veciñanza e ás persoas visitantes a descubrir o territorio a través de sete andainas guiadas, gratuítas e adaptadas a distintos niveis físicos.


Tras o éxito da primeira edición, o programa regresa cun novo calendario que se desenvolverá entre os meses de setembro e outubro de 2026, percorrendo algúns dos

espazos naturais, patrimoniais e paisaxísticos máis representativos do municipio.

Begoña Balado, concelleira de Turismo de Arzúa, e Santiago Villanueva, técnico de Turismo de Arzúa.
Begoña Balado, concelleira de Turismo de Arzúa, e Santiago Villanueva, técnico de Turismo de Arzúa.

As rutas estarán guiadas por persoal especializado, que achegará ás persoas participantes información sobre a historia local, o patrimonio cultural, a biodiversidade e os valores ambientais de cada itinerario.


A participación é gratuíta, pero será necesaria a inscrición previa na Oficina de Turismo de Arzúa (Rúa das Dores, 3), no teléfono 981 50 80 56 ou no correo electrónico

info@turismoarzua.gal, xa que as prazas son limitadas.


A concelleira de Turismo, Begoña Balado, destaca que "a excelente acollida da primeira edición animounos a continuar apostando por un programa que combina deporte, natureza e divulgación do patrimonio. Arzúa Camiña é unha oportunidade para coñecer o noso concello dunha forma saudable, sostible e respectuosa coa contorna, reforzando ademais a nosa identidade como Destino Verde".


Calendario de andainas

O programa dará comezo o sábado 6 de setembro cun percorrido polo Embalse de Portodemouros, unha ruta de 12,5 quilómetros, dificultade media e saída desde o propio

embalse ás 9:00 horas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A segunda cita será o 12 de setembro, coa Ruta das Corredoiras, un itinerario de 15 quilómetros, dificultade media e saída desde a Praza de Galicia (Arzúa) ás 9:00 horas.

O 20 de setembro celebrarase a terceira andaina, pola Fervenza das Hortas, cun percorrido de 17,5 quilómetros, dificultade media e saída desde a Capela de Fonte Santa ás 8:30 horas.


A cuarta proposta terá lugar o 26 de setembro, coa ruta da Ermida da Mota, de 11 quilómetros, dificultade baixa e saída desde a Capela da Mota ás 9:00 horas (haberá servicio de autobús dende a Praza de Galicia ata o punto de saída).

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O ciclo continuará o 4 de outubro cun percorrido polo Val do Iso, de 12 quilómetros, dificultade baixa e saída desde a Praza de Galicia ás 9:00 horas.


A sexta andaina celebrarase o 11 de outubro, pola contorna de Fonte Santa, cun itinerario de 12,3 quilómetros, dificultade media e saída desde a Capela de Fonte Santa ás 09:00 horas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Finalmente, o programa pecharase o 17 de outubro cunha ruta polo Camiño de Santiago (Boente – A Calzada), cun percorrido de 14 quilómetros, dificultade media e saída desde

Boente ás 09:00 horas (haberá servicio de autobús dende a Praza de Galicia ata o punto de saída).


Como nas edicións anteriores, desde a organización recoméndase acudir con calzado cómodo, roupa axeitada á meteoroloxía, mochila, auga e algún alimento lixeiro. Tamén se

lembra a importancia de respectar a contorna, seguir as indicacións da organización e gozar da actividade de forma responsable.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A segunda edición deArzúa Camiña reafirma o compromiso do Concello de Arzúa cun

modelo de turismo sostible, activo e de calidade, promovendo o coñecemento do patrimonio natural e cultural do municipio e fomentando hábitos de vida saudables a través do sendeirismo. Co lema Descubre Arzúa paso a paso o programa continúa consolidándose como unha das propostas de turismo de natureza máis destacadas do calendario local.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page