top of page

Chega a Silleda o musical “La Vaca Lola y sus amigos”

As entradas xa están á venda por 13 euros (gratis para menores de 12 meses) no Concello de Silleda e varios establecementos hostaleiros


Laura Moure/Silleda

O espectáculo musical protagonizado pola vaca “Lola”, coñecido personaxe de animación, chega a vila de Silleda o vindeiro domingo 5 de maio. A cita será ás 17:00 horas no auditorio da Semana Verde de Galicia.

Fonte: Facebook La Vaca Lola

As entradas están xa á venda no Concello de Silleda, e en varios establecementos de hostalería (Bar Arume, Bar Pukará e Cafetería Cuppedia) así como a través da plataforma Woutick, a un prezo de 13 euros (os menores de 12 meses teñen entrada libre).


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A través da música e o baile neste espectáculo amosase aos máis pequerrechos a valorar a importancia da alimentación, o respeto pola natureza ou o significado da amizade, co protagonismo de Lola, un dos debuxos con máis visitas na canle de YouTube, alcanzando máis de mil millóns de reproduccións.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Este espectáculo teatro-musical interactivo, preséntase como un espazo familiar para a diversión e a pedagoxía que brindará unha experiencia inmersiva no universo da Vaca Lola e as súas amizades, repasando ademais canción moi populares.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page