top of page

Centros educativos de Vila de Cruces convocan unha manifestación para o 23 de novembro

hace 1 hora
2 min de lectura

As comunidades educativas levan denunciado, semana tras semana, diferentes problemas aos que a Consellería de Educacion non dá solución


Laura Moure/Vila de Cruces

A Asemblea do IES Marco do Camballón, a propia ANPA do instituto, e as ANPAS do Colexio da Piedade e do colexio Cerdeiriñas de Piloño convocan unha manifestación para o día 23 de novembro.

Asemblea do Camballón co cartaz da manifestación.
Asemblea do Camballón co cartaz da manifestación.

A manifestación, que leva por lema "En defensa do ensino público en Vila de Cruces", foi convocada despois dun comezo de curso en que as comunidades educativas denunciaron, semana tras semana, diferentes problemas aos que a Consellería de Educacion non dá solución. Algúns deses conflitos xa orixinaron unha multitudinaria manifestación nas Cruces no pasado curso. 


No cartaz desta convocatoria pódese ler "Sen escola non hai futuro" e "Defender o ensino público é defender o rural". As comunidades educativas queren visibilizar a súa grande preocupación por este abandono da Consellería que ten unhas consecuencias directas e graves sobre o alumnado das Cruces nos centros de primaria e no instituto. 

 PUBLICIDADE

"Esta é unha chamada á veciñanza das Cruces. Debemos defender colectivamente a escola e o instituto, para que a administración comprenda que non se pode permitir que Cruces perda o bacharelato ou que as nenas e nenos do colexio non teñan unhas instalacións dignas. A perda dos servizos educativos no noso concello, a causa dunha política que desatende o rural, traerá graves consecuencias para o noso concello, favorecendo a despoboación", sinalan.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

A falta de profesorado de Latín e Grego no Camballón e o continuo retraso das obras no Colexio da Piedade son dous síntomas do abandono da administración que o vindeiro 23 de novembro, ás 17:30 horas, terá como resposta unha manifestación polas rúas de Vila de Cruces.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page