top of page

Celtia Buján, veciña de Toques, volverá competir esta noite no programa Luar da Televisión Galicia

Se consegue hoxe a maior puntuación logrará pasar á terceira fase do concurso Recanteiros


Laura Moure/Toques

Como cada venres volve o Luar á Televisión de Galicia. E hoxe volverá a competir no concurso Recanteiros a veciña de Toques Celtia Buján. Ela representa a Terras de Lugo e se esta noite consegue a maior puntuación fronte ao seu contrincante conseguirá pasar á terceira fase e desta maneira, continuar no programa.

Celtia Buján. Autor: Luar

Ela é do lugar de Goiás na parroquia de Vilouriz. "Celtia Buján pechará hoxe a segunda fase de Recantos cantando un tema de La quinta estación. A representante de Terras de Lugo é moi polifacética e entusiasta. Estudou Comunicación Audiovisual en Santiago e agora está rematando o grao en Mestra de Educación Primaria en Lugo. Fichou hai pouco polo grupo JB Son, co querido exrecanteiro José Barrán", sinala Luar a través da súa páxina de Facebook. Esta noite competirá co recanteiro de Ourense Oriental, David Gallego, que interpretará un tema de Los Tamara.

Como votar por esta veciña de Toques para que siga no programa?

  • Por teléfono chamando ao 988 600 682. Abriranse as liñas xusto antes de cantas, cando aparezan en pantalla os teléfonos a partir das 00:15 horas aproximadamente. E haberá cinco chamadas gratis por persoa.

  • Por Whatsapp: enviando VOTOCELTIA ao 661 398 440 a partir das 22:00 horas.

  • Por Twitter escribindo a @LUARTVG #VOTOCELTIA e tamén a partir das dez da noite.

  • E por Facebook a partir das 00:00 horas na publicación na que aparecen os dous recanteiros que compiten esta noite (Celtia Buján e David Gallego ).

Importante

Para que Buján consiga máis puntuación e logre pasar á terceira fase do concurso, pódese votar por todas as vías. Cada chamada conta coma un voto e pódese chamar ata cinco veces (cinco votos), mentres que en cada rede social contabilízase só un voto.



NOTICIA RELACIONADA:

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page