Laura Moure/Toques
Esta noite volve o mítico programa Luar da Televisión de Galicia. E hoxe actuará Celtia Buján, veciña de Toques, que está participando na sección de Recanteiros representado a Terras de Lugo. Interpretará o tema Mariñeiro de luces de Isabel Pantoja.
Celtia Buján é do lugar de Goiás na parroquia de Vilouriz. E tal e como indica o programa Luar a través do seu perfil de Facebook, estudou Comunicación Audiovisual en Santiago de Compostela e agora está rematando o grao en Mestra de Educación Primaria en Lugo.
Como cantante, forma parte do trío Orquídea Musical Show.
"A recanteira de Terras de Lugo é unha muller polifacética: foi vocalista, figurante, locutora de radio, camareira e ata dependenta de ortopedia", apunta Luar.
Como se pode votar por esta veciña de Toques?
Como indica o programa hai cinco chamadas gratuítas por cada liña telefónica. Se se chama dende España o teléfono é 988 600 682 e dende fóra do país 215 566 392. (Pode chamarse cando a presentadora o indique xusto antes de cantar a partir das 00:00); podes votar mandando por Whatsapp VOTOCELTIA ao 661 398 440 ou a través dos perfís oficiais de Facebook e Twitter de Luar. Por Whatsapp e Twitter pode votarse dende as 22:00 horas e no Facebook a partir das 00:00 horas na publicación na que aparecerán os dous participantes de hoxe.
NOTICIA RELACIONADA:
Commentaires