top of page

Celtia Buján, veciña de Toques, volve competir esta noite no programa Luar

Interpretará a famosa canción de Pídechas o corpo da querida Ana Kiro


Laura Moure/Toques

É venres e iso é case sinónimo de Luar. Esta noite volve este mítico programa da Televisión de Galicia presentado por Xosé Ramón Galloso. Pero o mellor e que poderemos escoitar de novo á veciña de Toques Celtia Buján. Ela representa a Terras de Lugo e xa está competindo na terceira fase deste programa, polo que sigue precisando todo o apoio para poder chegar á final.

É do lugar de Goiás na parroquia de Vilouriz. E tal e como avanza Luar a través das súas redes sociais hoxe cantará o tema Pídechas o corpo da querida Ana Kiro. "A representante de Terras de Lugo é moi polifacética e entusiasta. Estudou Comunicación Audiovisual en Santiago e agora está rematando o grao en Mestra de Educación Primaria en Lugo. Fichou hai pouco polo grupo JB Son, co querido exrecanteiro José Barrán", sinalou hai unhas semanas Luar.


Esta noite competirá coa recanteira de Terras de Pontevedra, Montse, que leva toda a vida nos escenarios e que cantará por Alaska.


Como se pode votar pola veciña de Toques? Toda a información no cartel:



NOTICIAS RELACIONADAS:

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page