Celebrado en Arzúa o acto de clausura do centro de formación profesional EFA Piñeiral
- ecosdacomarca

- hace 18 horas
- 2 min de lectura
A cita tamén incluíu a graduación de preto de 100 alumnos dos ciclos formativos
Ecos da Comarca/Arzúa
A promoción 2024-2026 dos ciclos de formación profesional das familias formativas de comercio e marketing, panadaría, repostaría e confeitaría, educación infantil e a promoción 2025-2026 dos ciclos presenciais e semipresenciais de coidados auxiliares de enfermaría da Efa Piñeiral recibiron a imposición de becas durante o acto de clausura da Efa Piñeiral celebrado o pasado venres en Arzúa.

O recinto feiral Terra do Queixo acolleu o acto académico no que se no que se deron cita preto de 400 persoas entre autoridades, alumnado e acompañantes, equipo directivo e docente, membros de FUNDESAR e a Federación Efas de Galicia e representantes das máis de 500 empresas e institucións colaboradoras co proxecto educativo do centro.
No acto, ademais de procederse á entrega dos diplomas acreditativos e imposición de becas, unha delegación do alumnado resumiu nas súas intervencións as actividades académicas que conformaron o seu itinerario formativo ó longo do ciclo; visitas e viaxes técnicas dentro e fóra da nosa comunidade, participación en obradoiros, proxectos, feiras e eventos sectoriais e estadías de formación en empresas en cada trimestre.
PUBLICIDADE
Sara Torreiro Rodríguez, responsable de márketing da Casa Grande de Xanceda, exerceu de madriña da promoción de márketing e publicidade e de portavoz das empresas colaboradoras na formación do alumnado. Na súa intervención incidiu “na necesidade de ter curiosidade, de continuar capacitándose porque a formación nunca remata. Sede valentes, hai que dar pasos e non temer ó erro, empapádevos de cultura, marchade para volver porque o rural precisa do voso talento, e sobre todo, sede boa xente. Aproveitade a importante bagaxe que adquiríchedes nestes anos, na Efa Piñeiral non só vos forman para unha profesión, prepáranvos para a vida”.
PUBLICIDADE
Yodaris Garrote antigua alumna do ciclo de auxiliar de enfermaría e emprendedora no rural tivo tamén unas palabras para os recén graduados: “Esto non é un punto e final. Un nunca deixa de formar parte da Efa, de volver para compartir logros e dificultades. Noraboa por chegar ata aquí e moita sorte no que resta por vir”.








Comentarios