Celebración dos 107 anos de Nieves Taboada Estévez, a veciña máis lonxeva de Silleda
- Laura Moure

- hace 8 horas
- 2 Min. de lectura
Laura Moure/Silleda
Nieves Esther Taboada Estévez soprou onte en Silleda nada menos que 107 velas. Natural da parroquia de Siador, é a persoa de máis idade do municipio así como unha das máis lonxevas da comarca. A celebración tivo lugar na Vivenda Comunitaria Vitalar de Ponte, onde Nieves reside dende hai algún anos. Ao seu lado, ademais da familia estiveron hoxe a alcaldesa, Paula Fernández Pena, e a concelleira de Benestar, Ángela Troitiño, que acudiron en representación de todo o municipio para felicitala e recoñecer a súa traxectoria de vida.

Nieves, que naceu en Cóscaros (Siador) en 1918, viviu sola ata os 102 anos. Xunto co seu home Manuel Rozas, traballou a reo na terra e co gando. Cunha gran vitalidade, foi sempre unha muller agarimosa e resilente, moi querida pola veciñanza. Con ela, o Concello de Silleda abriu en xaneiro de 2024 o programa (in) VISIBLES, doce meses, doce mulleres, como exemplo de vitalidade e compromiso coa comunidade. Ademais, en novembro de 2023, tivo a honra de inaugurar as dependencias do novo consistorio do Concello de Silleda pola súa condición de veciña de maior idade.
Publicidade
En nome do Concello Paula Fernández amosou onte, no seu 107 aniversario a súa gratitude por contar con persoas como Nieves” que, coa súa presenza e vida, aportan identidade, memoria e riqueza humana ao noso municipio”.
Publicidade
“É unha honra poder celebrar contigo, Nieves, estes 107 anos cheos de historia e de vida, e que o pobo de Silleda recoñeza o teu exemplo”, sinalou a rexedora que lembrou ademais que Nieves donou no seu día ao Concello de Silleda os terreos no que se atopa a estación potabilizadora de auga de Silleda.








Comentarios