top of page

¿Caíches?

Artigo de opinión de La Formalita


La Formalita/Xeral


Cousas que se pensan


¿Caíches?


¿Que estamos dispostos a crer hoxe?


O feísmo está de moda. En todo.

No rural preocupounos sempre:

o cable mal posto, o remendo rápido,

o “logo xa se fará”.

Agora chámanlle tendencia.

ree

A tecnoloxía promete medir o sono, a alma e o destino.

As casas deixan cables á vista e dinlle industrial.

Os cafés derrámanse pola taza e agora son latte espontáneo.

As relacións a medias son slow communication.

Os discursos políticos a marteladas pasan por sinceridade bruta.

E os titulares imposibles convértense en pensamento líquido.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

¿A ti paréceche normal?


Chega o 28 de decembro

e estamos perfectamente afinados:

educados para sospeitar da verdade.


O improbable xa non sorprende.

O caos converteuse en narrativa,

e o absurdo en argumento válido.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Por iso, no 28D, con inocencia,

entre tanta verdade flexible,

queda a pregunta que non se move:


Se todo pode ser mentira...

¿que cousas seguimos querendo que sexan verdade?


La Formalita existe en Ecos da Comarca para ofrecer unha maneira distinta de mirar o

cotián: breve, elegante, con humor e pensamento; non para informar, senón para

interpretar; non para explicar, senón para mirar doutro xeito.

 ECOS DA COMARCA— 28 de decembro de 2025


MÁIS ARTIGOS DE OPINIÓN DE LA FORMALITA:

 



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page