top of page

Catro traballadores dunha tenda de Ourense, trasladados ao hospital por inhalación de fume

Ecos da Comarca/Xeral

Catro empregados dunha tenda situada na Rúa Serra Martiña, en Ourense, tiveron que ser trasladados ao Complexo Hospitalario Universitario da cidade por inhalación de fume, tras declararse un pequeno incendio no interior do establecemento.

O incidente produciuse arredor das 17:15 horas, momento no que un particular contactou co 112 Galicia para alertar do suceso.


Desde a sala de operacións do 112 Galicia mobilizáronse os Bombeiros de Ourense, así como efectivos da Policía Nacional e Policía Local.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Segundo informaron os equipos de intervención ao chegar ao lugar, o incendio, que afectou a unha máquina desbrozadora, fora xa sufocado polos propios empregados mediante o uso dun extintor. Aínda así, os bombeiros procederon a ventilar o local e a revisar a zona para garantir que non quedara ningún risco.


Con todo, catro traballadores foron trasladados ao hospital para unha avaliación médica tras inhalar fume durante a incidencia.




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page