top of page

Catro persoas, dúas delas menores, foron evacuadas logo dunha colisión entre dous coches en Padrón

Ecos da Comarca/Xeral

Catro persoas, dúas delas menores de idade, foron evacuadas logo dunha colisión entre dous coches en Padrón. A estrada permaneceu cortada mentres duraron os traballos dos servizos de emerxencias.

Foi un particular quen, pouco antes das 20:30 horas deste domingo, informou ao 112 Galicia de que acababa de producirse unha colisión entre dous turismos no quilómetro 78 da N-550, na parroquia de Cruces. Durante a conversa, explicou que había varias persoas feridas, pero que todas se atopaban liberadas e accesibles.


Publicidade

Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que eran catro os feridos, dous deles menores, e que todos foron evacuados a bordo dunha ambulancia. A continuación, os efectivos do GES procederon coas tarefas de limpeza do asfalto.


Publicidade

Neste operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o GES de Padrón e os operarios dos servizos de mantemento da estrada.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page